O obxecto deste proxecto, incluído dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado EIDUSCoruña e financiado a través de FEDER, é a caracterización enerxética do parque de edificios residenciais e vivendas do municipio da Coruña, co fin de impulsar un cambio de modelo enerxético na cidade a través da redución da demanda enerxética do parque residencial construído e o fomento de actuacións de rehabilitación enerxética que permitan mellorar a calidade de vida e o confort dos seus residentes.

Para iso, o proxecto caracterizará enerxeticamente 60 edificios distribuídos entre os dez distritos da cidade da Coruña, definirá os diferentes perfís enerxéticos dos propietarios e/ou inquilinos de 600 vivendas, e implantará un sistema de monitorización e vixilancia enerxética en 240 das mesmas que permitirá seguir ao longo do tempo o seu grao de confort interior así como o impacto da enerxía nas familias e na contorna.

Estes traballos servirán ao municipio para desenvolver estratexias de aforro e eficiencia que impulsen un modelo enerxético máis sostible, buscando o máximo confort dos seus cidadáns e co menor custo enerxético posible.

Obxectivos

CARACTERIZACION ENERXÉTICA DE EDIFICIOS

Cualificación enerxética de edificios residenciais, identificación de instalacións e infraestruturas e identificación das principais melloras de eficiencia enerxética

PERFÍS ENERXÉTICOS DAS VIVENDAS

Xeración de perfís de comportamento enerxético familiar e análise da demanda enerxética actual

ASESORAMIENTO ENERXÉTICO

Análise e identificación de medidas de aforro en tarifas e contratacións de subministracións eléctricas e de gas natural.

MONITORIZACIÓN CONSUMOS E CONFORT

Monitorización de consumos enerxéticos e confort interior a tempo real (Temperatura, humidade e C02)

Alcance global do proxecto

EDIFICIOS

60

VIVIENDAS

782

DISPOSITIVOS

1174

  • Parámetros obxecto da monitorización

  • Temperatura

    Monitorización da temperatura interior dos fogares.

  • Humidade

    Seguimento dos niveis de humidade relativa interior.

  • CO2

    Niveis de CO2 e seguimento dos niveis de risco para a saúde.

  • Consumos

    Vixilancia de consumos de gas natural, electricidade e consumos de calefacción.